Bos Aires, 1948. Castelao acaba de pronunciar o discurso "Alba de groria" nun momento en que xa sabe que ten a doenza do cancro. É entón cando aparece na cidade arxentina un sicario do goberno franquista coa encarga de matar a Castelao. De súpeto, por un motivo inesperado, o pasado volve con forza á memoria do galeguista trasladándoo a un verán que vivirá na Illa de Ons.
Partilla este libro
Sinopse
Bos Aires, 1948. Castelao acaba de pronunciar o discurso "Alba de groria" nun momento en que xa sabe que ten a doenza do cancro. É entón cando aparece na cidade arxentina un sicario do goberno franquista coa encarga de matar a Castelao. De súpeto, por un motivo inesperado, o pasado volve con forza á memoria do galeguista trasladándoo a un verán que vivirá na Illa de Ons. A presenza do sicario, personaxe abxecto, responsable de "paseos" e asasinatos tras o estoupido da Guerra Civil e membro da policía secreta de Franco, leva a Castelao a ese verán que, cando era novo, pasara na illa reflexionando e pintando, enfrontándose ao feito de que non desexaba practicar a medicina.
A medio camiño entre a ficción e a realidade histórica, "As illas dos deuses" é unha apaixonante novela de intriga construída a partir da reinvención da nosa historia e da vida dunha das figuras máis míticas da cultura galega.
Colección
Narrativa
Código
1331461
I.S.B.N.
978-84-9121-700-8
Publicación
28/01/2021
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
368
Tamaño
22.5 x 15.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378316
I.S.B.N.
978-84-9121-661-2
Publicación
21/01/2021
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Serafín Parcero
Serafín Parcero (Moaña, 1955) é mestre xubilado. Desde novo participou na vida social, cultural e deportiva da súa vila e estivo vencellado á narración e ao teatro infantil. Como escritor, iniciouse no ámbito do microrrelato no ano 2000 e varios dos seus textos recibiron diversos premios. A illa dos deuses (Xerais, 2020) é a súa primeira novela.