Autor/a
Xoán Babarro González
Xoán Babarro (Calvelo de Maceda, 1947) é escritor e lingüista. Licenciado en Filosofía e Letras, traballou constantemente pola introdución do galego na escola e pola recuperación e defensa da lingua galega en Asturias, onde desenvolveu o seu labor docente ata 1971, cando se trasladou a Galicia. É membro da Real Academia Galega desde 2002. Como narrador infantil dáse a coñecer e 1974 con «Zoca zoqueira» (primeiro premio de contos O Facho). Con Ana M.ª Fernández consegue o premio O Facho de teatro en 1983 (coa obra «Grande invento para saír do aburrimento») e O Barco de Vapor en 1985 (por «Primeiro libro con Malola») e en 1989 («Barrigaverde e o dragón Achís»). Gaña o VII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez con «Palabra era un universo paralelo» (2010) e a quinta edición do Premio Arume de Poesía con «A Princesa de Taramundi» (2010). As súas obras traducíronse ao catalán, chinés, coreano, grego e portugués. No catálogo de Xerais ten publicadoss os seguintes títulos: «Carpametacarpadeduna» (2001), «Macarrón de Narices» (2011) e «Garabitolas» (2023).