Macarrón de Narices
No reino de Narices hai un enorme pazo con vidreiras de cebola, paredes de pedra de azucre, tellados de cenoria e xardíns de pirixel. No pazo de Narices hai moito tempo naceu un príncipe moi chorón e moi mal comellón, que acababa coa paciencia do máis pintado.