Logo Xerais

Info autor/a

Loureiro, Ánxela

(enviar correo)

Ánxela Loureiro é profesora xubilada de Educación Primaria, especializada en música. Formou parte do grupo Saraibas como solista e participou no libro-casete "Cancións para o ano" (Xerais 1995). Iniciou a súa actividade como creadora en 1978 coa obra "¡Ollo! Hai lurpios na horta", premio de teatro Infantil do Ateneo Ferrolán. Publicou as seguintes obras de literatura infantil: "Viaxe de ida e volta" (Xerais 1996); "Laia, a nena da illa" (Xerais 1998); "Camiño perigoso" (Xerais 2002), novela, finalista do Premio Merlín 2002; "Ota quere voar" (Xerais, 2003), Premio Lecturas Galix, 2005 (de 8 a 10 anos), Premio Literario Frei Martín Sarmiento, 2004 (de 8 a 10 anos) e "Choiva de ras" (Xerais 2018).

As súas obras como autor/a