Reimóndez Meilán, MarÃa
(enviar correo)MarÃa Reimóndez (Lugo, 1975) é tradutora e intérprete de profesión e feminista por convicción. Conta cunha ampla lista de tÃtulos, dende a poesÃa ao ensaio, pasando pola narrativa.Como poeta destaca "Galicia en bus" (2018), co que gañou o Premio de PoesÃa Johán Carballeira, e en ensaio, a obra "Feminismos" (2013), en coautorÃa con Olga Castro. Como narradora para o público mozo destacan "Usha" (2006); "Corredora" (2017); "Fóra do normal" (2018), Premio AgustÃn Fernández Paz; "A formiga destemida" (2020), "Bárbaras!" (2021) e "Furia", Premio Jules Verne 2023.Para persoas adultas, "O club da calceta" (2006), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2007, traducida ao castelán, italiano e francés e adaptada á escena e ao cine ou as novelas do Ciclo dos Elementos: "En vÃas de extinción" (2012); "Dende o conflito" (2014), Premio Xerais de Novela; "A música dos seres vivos" (2015); "As cousas que non queremos oÃr" (2017) e "As estacións do lobo" (2019).Na colección Milmanda publicou "Cobiza" (2021), I Premio Literario Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero e "Multitudes" (2023).