Obradoiro de Lingua Gianni Rodari
(enviar correo)O Obradoiro de Lingua Gianni Rodari naceu en Vigo a primeiros da década de 1980 como Seminario de Literatura Infantil do Movemento de Renovación Pedagóxica Casa do Mestre. Dez anos despois, os Centros de Formación do Profesorado recollen as arelas dos mrps, desaparece Casa do Mestre e o grupo de Literatura infantil continúa o seu labor como Obradoiro de Lingua Gianni Rodari. Ao dÃa de hoxe Conchi Sedano, Ãngeles Saco, Miguel Rubinos, Anxos R. Mourenza, Charo Roces (coordinadora), Raquel P. Noche, Calo Iglesias, Pili Crespo, Margot Chamorro e Nardo Carpente son os membros deste Obradoiro.Gramática insubordinada amosa o froito de vinte anos de traballo colectivo. Un camiño longo onde cada vieiro insinuaba outros. Seleccionar non é doado. Nas xuntanzas, o Obradoiro procura as estruturas que sustentan os textos, Ãspeos, tÃralles as carnes, deixa apenas os ósos. Logo arróupaos coas súas palabras. Alumnas e alumnos, nais e pais, mestras e mestres, a filla e o sobriño, a avoa..., puxeron a musa; o Obradoiro, a mesa.