Pereiro, Lois
(enviar correo)Lois Pereiro (Monforte, 1958- A Coruña, 1996) marchou estudar a Madrid aos 17 anos, onde fundou, canda Antón Patiño, FermÃn Bouza, Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, a revista Loia, formando parte dun dos grupos de maior renovación cultural da segunda metade dos 70. Ao seu regreso a Galicia, colabora na revista Luzes de Galiza e participa nas antoloxÃas De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985). Como poeta, deu á luz dous libros, Poemas 1981/1991 (1992) e PoesÃa última de amor e enfermidade (1995), e un terceiro, Poemas para unha Loia (1997), que se publicou postumamente. En 2010, tras ser nomeado para celebrar o DÃa das Letras Galegas, publicouse Conversa ultramarina, unha longa carta concibida como dietario dos seus últimos dÃas. Pereiro legou á poesÃa galega uns versos de extraordinaria forza e brillante modernidade. Con motivo do 17 de maio de 2011, Xerais publicou a súa PoesÃa completa (2011), en edición de Ana Acuña, e Modesta proposición e outros ensaios (2011).