Logo Xerais

Info autor/a

Vallejo, Irene

(enviar correo)

Irene Vallejo (Zaragoza, 1979) estudou Filoloxía Clásica e obtivo o doutoramento europeo polas universidades de Zaragoza e Florencia. Dende a infancia sentiuse atraída polas lendas de Grecia e Roma e polo luminoso mundo mediterráneo. Na actualidade leva a cabo un intenso labor de divulgación do mundo clásico impartindo conferencias e a través da súa columna semanal nos xornais «Heraldo de Aragón» e «El País». Da súa obra literaria destacan as novelas «La luz sepultada» (2011) e «El silbido del arquero» (2015), a antoloxía periodística «Alguien habló de nosotros» (2017) e os libros infantís «El inventor de viajes» (2014) «La leyenda de las mareas mansas» (2015). Coa edición en castelán de «O infinito nun xunco» (2019) converteuse nun fenómeno de vendas e gañou o Premio Nacional de Ensaio 2020.

As súas obras como autor/a