Castro, Marisa
(enviar correo)Marisa Castro, doutora en BioloxÃa, profesora da Universidade de Vigo, é unha das maiores estudosas da botánica do noso paÃs. Autora da "GuÃa das setas ou cogumelos comestibles de Galicia" (Xerais 1982), a primeira guÃa micolóxica en lingua galega, obra pioneira que continuou con "Setas ou cogumelos de Galicia" (Xerais), extraordinario éxito de vendas nas súas tres edicións, e con "GuÃa dos cogomelos comúns de Galicia" (Xerais 2000). Obras que completou e revisou en "Cogomelos de Galicia e Norte de Portugal" (Xerais 2004), a obra que se pode considerar definitiva sobre a micoloxÃa galega. Tamén é co-autora, xunto con LuÃs Freire, da exitosa "GuÃa das árbores de Galicia" (Xerais 1990) e xunto a Antonio Prunell e Jaime B. Blanco-Dios "GuÃa das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia" (Xerais 2007).