Recén chegados

Tina e Xeró

Tina e Xeró

Tina e Xeró

Pedro P. Riobó

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia

Autor/a : Marisa Castro, Antonio Prunell, Jaime Bernardo Blanco Dios
Ilustrador/a : Jacobo Fernández Serrano

Tanto para especialistas como para curiosos e afeccionados, a Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia constitúe unha ferramenta utilísima.

Partilla este libro

Sinopse

Tanto para especialistas como para curiosos e afeccionados, a Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia constitúe unha ferramenta utilísima. Os reputados autores desta guía (Marisa Castro, Antonio Prunell e Jaime B. Blanco-Dios) trazan un libro útil e doado de manexar que recolle tanto as árbores dos parques e xardíns públicos de Galicia como as especies autóctonas e de repoboación. Cunhas magníficas e precisas ilustracións de Jacobo Fernández Serrano -que permiten o rápido recoñecemento das especies-, o libro fai un repaso ás xeneralidades botánicas e os diversos usos das especies, poñendo especial énfase nas árbores froiteiras, sempre relacionadas co territorio galego: a nomenclatura popular e científica, a clave de especies que permite identificar -sen usar conceptos botánicos complexos- a totalidade das especies citadas, a vexetación autóctona e as plantacións forestais, a silvicultura, as árbores froiteiras, os xardíns en Galicia, etc. Ademais, o libro ofrece unha detallada descrición das especies -todas elas ilustradas-, de xeito claro, conciso e cun vocabulario rigoroso pero fácil de comprender, incluso polas persoas non expertas no tema.

  • Colección

    Guías da natureza

  • Código

    1347026

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-645-7

  • Publicación

    17/10/2007

  • Clasificación IBIC

    PST

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    304

  • Tamaño

    22.6 x 14.6 cm

Sobre a colección Guías da natureza