Número de libros encontrados: 788
O bestiario científico de Anxos Nogueirosa
I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil Premio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenil Obra incluída na Lista de Honra IBBY 2022 1933...
Maios e desmaios
Na vila onde todas as nenas e nenos teñen nome de flor pasan o ano enteiro esperando a primavera, e danlle a benvida celebrando a festa dos Maios. Grazas a un programa de televisión, coñecen a Toxina, unha nena alérxica ao pole que vive nunha fraga onde festexa os Maios dun xeito un tanto particular...
Cantareiras
Un percorrido polo legado da música e a poesía popular. A tradición das pandeireteiras. De Terra de Nemancos a Bergantiños e Cerceda. Da man da pandeireteira Icía do Manso e o especialista Xosé Manuel Varela...
As superviventes
Tres mulleres coinciden na sala de espera de Urxencias do CHUS de Compostela unha madrugada calquera. Este imprevisto azar vai ter consecuencias impensadas en cada unha delas...
Ítaca
Penélope é unha muller de corenta e cinco anos que vive co seu home, Ulises, e o seu fillo adolescente, Telémaco, no ano 2024. Forman unha familia convencional que un día recibe a inesperada noticia de que ela está embarazada...
O caderno de Roque
A familia Charabiscas da aldea de Pedrafermosa agarda con impaciencia a chegada do tío Roque, que marchou a percorrer o mundo e que lles prometeu volver para celebrar unha festa polo seu trinta aniversario...
Canta, miña compañeira
Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela son os nomes propios de seis das miles de cantareiras ou pandeireteiras que ao longo do tempo crearon e conservaron unha rica poesía popular oral, que foi transmitida de xeración en xeración...
Sei cantar e sei bailar
Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, «Sei cantar e sei bailar» segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste álbum ilustrado compañaremos a musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar...
O enigma de Sempreviva
Senda múdase cos pais á pequena aldea de Sempreviva. O matrimonio de biólogos vai estudar a zona porque está tan contaminada que non medra nada en toda a contorna...
Somos pandeireteiras
Esta é a historia dunha serie de mulleres que, coa pandeireta na man, eran libres. Tal e como afirma Mercedes Peón no limiar, eran «libres de tocar, de berrar, de aloumiñar coa voz, de disociar e ornamentar mentres tiñan o seu transo en colectividade, libres de facer a foliada, donas do serán e donas da palabra»...
Vidas e historias LGBT da Idade Media
Neste libro analízase a evolución da diversidade LGBT ao longo da Idade Media, centrándose sobre todo en documentación galega e portuguesa, que ofrece información crucial nunha dimensión europea...
As despedidas
«O avó morreu hoxe. Ou quizais foi onte». Así, entre titubeos, arrinca esta crónica íntima dun dó con sabor a outro tempo. Un en que os defuntos eran velados nas casas, en que as capelas ardentes permanecían abertas día e noite e en que os curas eran salvadores de almas...
Falso aniversario. Os Minimortos
Maya está nerviosa porque se aproxima o seu aniversario. Cando chega o día, os Minimortos prepáranlle unha festa sorpresa onde non falta de nada, mesmo hai uns impresionantes fogos de artificio que preparou Dinamito no seu laboratorio...
Escola de bruxas
Mencía comeza un novo curso na escola para perfeccionar as súas técnicas de maxia e meigallos rodeada doutros nenos bruxos e nenas bruxas. Nunca antes vira tantos compañeiros xuntos...
A Galicia do século XXI
O mundo en xeral, e a sociedade galega en particular, está a experimentar profundos cambios asociados con procesos de dixitalización que afectan as organizacións e a nosa vida cotiá: os grandes riscos e as crises globais e, en concreto, o cambio climático e a transición ecolóxica que cambian os nosos océanos, os nosos montes; a nosa forma de consumir; o envellecemento da poboación que afecta a vida activa e o xeito de nos relacionar e de organizar as familias; o abandono do rural e a ordenación dos espazos que fan necesario mudar a estrutura tradicional de municipios e provincias por outras máis axeitadas; a posmodernidade e a forma de ordenar o traballo e o lecer...
O triángulo vermello
Mercedes Núñez (1911-1986), política republicana e militante antifascista, logra sobrevivir ao Cárcere de Ventas franquista e ao campo de concentración nazi de Ravensbrück e dedica os últimos anos da súa vida a denunciar a represión sufrida no que foron dous verdadeiros infernos para as mulleres...