Número de libros encontrados: 99
Contos da Coruña
Xurxo Souto convida aos lectores de Contos da Coruña a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria desta cidade e dos seus barrios populares, As Xubias, Eirís, Os Castros, A Gaiteira, Oza, O Montiño, Monelos, Elviña, Fontán, San Roque, O Labañou, que resumo son da Galicia toda...
Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1920-2006)
Fálase neste libro de intelectuais galegos que reflexionaron en Galicia desde o marxismo, algúns deles investigados por primeira vez, e fálase de homes e mulleres que, antes e despois da Guerra Civil, protagonizaron accións -heroicas algunhas- contra as malfeituras da sociedade desde postulados e inquedanzas comunistas...
Galicia en guerra
Este libro recolle unha apaixonante historia oculta. A da participación de Galicia na II Guerra Mundial. De 1939 a 1945, Galicia estivo en guerra porque, malia a neutralidade de España, o país tivo un papel protagonista na guerra...
A terra cantada
Camilo Nogueira ofrece n' A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos últimos anos...
Conversas con Méndez Ferrín
Este libro recolle as conversas que en Vilanova dos Infantes mantivo o xornalista Xosé Manuel del Caño con X. L. Méndez Ferrín sobre historia, literatura e nación...
Conversas con Suso de Toro
Este libro recolle as conversas que mantivo Antonio Pedrós-Gascón, profesor da Universidade de Ohio, con Suso de Toro. Reconstruídas ao xeito dun longo monólogo ou dunhas primeiras memorias ditadas á altura dos cincuenta anos, o autor compostelano lembra de forma ordenada dende a experien-cia da súa infancia de posguerra, o seu paso pola Universidade e comezo da súa militancia política, ata o seu traballo como escritor profesional en lingua galega...
Outra idea de España
Este libro nace dun acto cívico, dun sentido do deber e da civilidade que ten ver coa ética e só dun xeito oculto e subterráneo coa estética. Forma parte, con Nunca máis Galiza á intemperie e Españois todos, dunha triloxía inesperada na que Suso de Toro narra e interpreta dende a súa subxectividade un ciclo histórico extraordinario, un tempo agónico que aínda vivimos...
Unha espía no reino de Galicia
Tras "Galicia. Galicia", Manuel Rivas ofrece neste libro unha nova xeografía galega que consta de catro lugares comunicados por camiños no tempo e no espazo: "Galicia contada a un extraterrestre", amplo informe dirixido a un alien, chamado Golf Oscar Delta, sobre os hemisferios da Galicia de hoxe; "A espía (Iª volta)" e "A espía (IIª volta)", informes das pesquisas dunha espía enviada a investigar os segredos do país dos galegos; e "O blog de rumbar", anotacións nun caderno electrónico sobre o tempo presente...
Historia da costa galega e os seus naufraxios. Século XX
"Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)", de Fernando Patricio Cortizo, é o resultado dunha longa investigación en torno ás páxinas máis dramáticas, escuras e lendarias que o mar galego escribiu sobre as embarcacións que o surcaban e ás que fixo naufragar nas nosas costas...
O regreso dos maquis
Tres dirixentes das guerrillas antifranquistas de Asturias, León e Galicia percorren de novo, case corenta anos despois de fuxir de España, os lugares das súas actuacións...
Españois todos
Neste libro o escritor Suso de Toro, recente Premio Nacional de Narrativa 2003 por Trece badaladas, pon as cartas sobre a mesa para reflexionar sobre temas políticos e sociais da maior actualidade...
Iraq: Días de posguerra
O Iraq da posguerra é unha mestura de horror, tensión, medo, sufrimento, sorpresa e morte que impregna a vida dos seus habitantes. Tras a invasión, o soño dun país mellor quedou convertido en pesadelo...
A batalla de Montevideo
Na vella pugna entre defensores e detractores (ou perseguidores) do galego como lingua funcional culta, a Batalla de Montevideo é o capítulo máis rico, máis interesante e máis aleccionador...
Ánxel Fole. 101 anécdotas
Este libro do xornalista lucense Ángel de la Vega recolle cento e unha anécdotas tiradas da súa longa amizade con Ánxel Fole. Anécdotas, en moitos casos, contadas por Fole, outras vividas a súa beira e un bo feixe referidas por amigos e compañeiros do xornal "El Progreso" ou de "Hoja del Lunes de Lugo", onde eles traballaban...
Nunca máis Galiza á intemperie
Nas páxinas deste libro, urxidas por unhas horas altas e amargas, reconstrúese a crónica do primeiro mes da enorme marea negra que atacou a ribeira atlántica...