Número de libros encontrados: 99
O misterioso Dr. Saa
O misterioso Dr. Saa recupera a historia de Manuel Rodríguez Saa, un lucense de Portomarín que, no primeiro terzo do século XX, acadou sona internacional como ilusionista...
De Xente Nova a Brais Pinto
A comezos da década de 1950 Xosé Fernández Ferreiro funda en Ourense, xunto a Víctor Campos e outros compañeiros, o efémero grupo literario Xente Nova, coa intención de «buscar camiños novos para unha Galicia sen complexos, máis aberta ó mundo e dona de si», como di o autor...
Luís Soto
Luís Soto é apenas un descoñecido para a maioría da sociedade galega e con el vai parte do noso pasado. Esta obra afonda na súa vida e no seu tempo: o sindicalismo da ATEO e o PCE na II República, Castelao e a UXT na Guerra Civil; a Comisión Galega do PCE e a Internacional do Ensino na posguerra; o Consello de Galiza e a JSUN; o Padroado da Cultura Galega e Vieiros no exilio; a fundación da UPG, a súa teoría e pensamento; a crise do 76 na UPG e o nacemento do PGP...
Guerra Civil
Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España narra, desde unha perspectiva global, o que ocorreu na Guerra Civil seguindo un fío galego, ao tempo que explica os sucesos en territorio galego encadrados na evolución dos acontecementos no resto do Estado...
Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis...
Penúltimo dietario
Este Penúltimo dietario é unha memoria dos nosos -de Anisia e meus- últimos dezasete anos vivindo no retrinco do mundo onde nacín. Tiña pasado, coma quen di, da aldea ó barco...
Lois Pereiro
Lois Pereiro (1958-1996) foise antes de tempo, aos 38 anos. Prometérao na súa adolescencia: «Quero escribir un libro e morrer novo, como Manuel Antonio...
A agonía do león
O destino de Manuel Girón Bazán foi un dos moitos que se viron alterados en España polo comezo da Guerra Civil en xullo do 1936. A guerra ía separalo da súa ocupación no campo para convertelo primeiro nun loitador na fronte de Asturias e despois, ao rematar a contenda, nun guerrilleiro antifranquista polo Bierzo, Ourense e o norte de Portugal...
A memoria e o esquecemento
Convencido de que achegar á sociedade o nome das vítimas, as voces e os lugares é insuficiente, o autor afonda na memoria colectiva ata dar cos que compuxeron o heterodoxo grupo dos erguidos en armas contra a II República, os cómplices necesarios, as razóns da súa alianza e o porqué dos seus actos e do seu acomodo no partido único...
Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)
Tomando como principal fío condutor do discurso a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa contemporánea, Dionisio Pereira mergúllanos no desenvolvemento da conflitividade social e laboral no «Mar dos Galegos» dende finais do século XIX e comezos do XX, así como na represión que tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 se dirixiu contra todo este tecido individual e colectivo...
Aníbal Otero
Este libro é a biografía de Aníbal Otero Álvarez (1911-1974), filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo...
En castellano no hay problema
Cun título que desde o comezo pretende provocar a reflexión, Carlos Callón une neste libro textos que abordan a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, deténdose con máis vagar na política lingüística do período do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo...
Inmunda escoria
«Inmunda escoria» foi o titular co que un xornal caracterizou os estudantes universitarios antifranquistas en 1968, cando as súas protestas fixeron tremer as estruturas da Ditadura...
Níxer
O corazón segue na escuridade. Níxer era o país máis pobre do mundo ata que a terra fixo tremer Haití. Níxer está no mundo sen estar. A fame escurece o presente dun país con carencias crónicas e sen cámaras para explicar por que catorce de cada cen nenos nunca chegarán a ser adultos...
Presenza galega en Cuba
Entre 1961 e 1992, Xosé Neira Vilas viviu e traballou en Cuba, dedicando máis de vinte anos a estudar a presenza diversa da nosa colectividade emigrante naquel fermoso país...