Número de libros encontrados: 96
Dona Problemas
A Carlota todo o mundo a coñece como «Dona Problemas», porque se dedica a resolver os incidentes que padecen os alumnos e alumnas do seu colexio: unha mochila estragada por un iogur que se derramou dentro, un cromo que non se dá conseguido ou un veciño que escoita a tele a todo volume e non deixa durmir...
Alma de elefante
Suy e Lawen son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. Ou iso di a velliña Champey. A Suy parécelle imposible: el é máis forte e sempre coidou da súa irmá xemelga...
Nogard
«Nogard era un dragón que tiña todo do revés e, no canto de lume, botaba auga pola boca...» Cando Celia comeza a inventar esta historia para os seus sobriños non sabe como acabará...
Ai, que risa! Os Minimortos
O oso Penoso non está a pasar o seu mellor momento. Nunca foi a alma da festa, pero agora está triste de verdade. Para tentar animalo, os Minimortos deciden multar a todos os habitantes do Outro Barrio que digan cousas que sexan o contrario de alegres...
Os Megatoxos e o reto de Internet
Ultimamente en Internet non se fala doutra cousa. Toda a xente está pegada aos ordenadores, ás tabletas, aos móbiles... Toda a xente? Non. Aos Megatoxos semella que non lles afecta ese RETO que inunda as redes...
Trece avisos
O medo avisa cando chega. Un sopro de aire frío. Un arrepío polas costas. Un corazón que latexa. Algo que non vemos, pero sabemos que está. Algo que sentimos, ou que presentimos...
Instrucións para ler este libro
Narrador: «Non podo contarche de que vai este libro. Non insistas. De calquera xeito, aínda que o fixese sería inútil. Vas ler o libro, é o teu destino»...
O xenio da Cidade do Sal
«Se che contan que estou tolo, que me divirte moito falar de porcalladas escatolóxicas, ou se che din que me pega a risa por calquera parvada, non lles fagas caso, caca podre! Simplemente, son un xenio...
O Día dos Vivos. Os Minimortos
A noite do Samaín é a máis importante do ano. A Bruxa Xefa celebra na súa casa unha festa de disfraces e convida só a algúns afortunados. Todos os habitantes do Outro Barrio agardan nerviosos polo seu convite mentres deseñan disfraces terroríficos para a ocasión...
Escola de salvaxes. Os Minimortos
A inesperada aparición da mestra Sinistra revoluciona os Minimortos. Quen será esa muller tan excéntrica? Camiña coma se pisase chinchetas, leva un sol enriba da cabeza e está empeñada en obrigalos a estudar...
Douche a miña palabra
Como se chega a ser escritora ou escritor? Por que se escribe? Pódese vivir sen ler? Pódese aprender a pensar a través da lectura? As palabras poden proer, picar, denunciar as inxustizas, resultar molestas e incómodas...
Maxia de pedra
Uns restos arqueolóxicos de orixe galega que se atopan en Roma son roubados cando viaxan de volta a Galicia. Anxela, unha nena de 12 anos, atopa un gato de tres colas, con poderes máxicos, que é exactamente igual ao que estaba gravado no petróglifo roubado...
Unha abella máxica no camiño
Nunha encrucillada de camiños Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia de Daniel, un neno que quere ser superheroe. Unha tarde sae á rúa en busca de aventuras coa súa capa e cun colgante en forma de sol...
Criando malvas. Os Minimortos
Petunio leva días preocupado. As flores que viven na súa cabeza están algo murchas. Necesita unha solución. Decide visitar a Dinamito e pedirlle axuda, pero todo se vai torcer dunha forma incrible...