Recén chegados

Tina e Xeró

Tina e Xeró

Tina e Xeró

Pedro P. Riobó

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 1473

O rescate do unicornio

Ana Vigo

Se a Iria lle dixesen que ía ver un unicornio de verdade, non o crería; e se lle falasen dos seres mitolóxicos que estaba a piques de coñecer (olláparos, demos, xacias) pensaría que se burlaban dela...

Carrilanas bestiais

Esteban Souto

Vacacións de verán na aldea e unha carreira de carrilanas. Ten boa pinta. Pero cando hai dous grupos de mozos e mozas enfrontados, e aparecen sospeitas de sabotaxe, das risas pasamos aos berros...

A nena do pixama estrelado

Eduardo Santiago

Cando espertou, a nena do pixama estrelado decatouse de que non podía mover as pernas. Calquera outra, na súa situación, asustaríase, mais a nena do pixama estrelado non se asustou, non gritou, non se puxo nerviosa, non chorou...

Trece maneiras de mirar un almanaque

X.L. Mosquera

«Trece maneiras de mirar un almanaque» é o canto do merlo que lles pon banda sonora aos amenceres da vida do autor dende un loureiro próximo á súa casa...

Doce voz de Megafonía

Xesús Constela

Logo de que o Supremo Alcalde Maior decrete o confinamento dos habitantes do Centro Comercial no interior das súas vivendas por mor da aparición dun maléfico virus sobre o que non se dá nin a máis mínima explicación, só unha persoa, un tal D...

Ata que a morte nos separe

Elena Gallego Abad

Marta Vilas, redactora xefa do «Xornal Galaico», recibe unha invitación para participar na viaxe inaugural do «Xacobus», un cruceiro deseñado para proporcionar unha experiencia única aos pasaxeiros de alto nivel económico que buscan facer a ruta marítima do Camiño de Santiago sen renunciar a todo luxo de comodidades...

A excursión a Cans. Unha veciña de película

Iria Misa

Desde o verán pasado, os xemelgos Elsie e Simón non saben nada de Alice, a súa estrafalaria veciña cineasta coa que viviron emocionantes aventuras de película...

O bestiario científico de Anxos Nogueirosa

Antonio Manuel Fraga

I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil Premio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenil Obra incluída na Lista de Honra IBBY 2022 1933...

Autor/a da semana

Maios e desmaios

Ramón D. Veiga

Na vila onde todas as nenas e nenos teñen nome de flor pasan o ano enteiro esperando a primavera, á que dan a benvida celebrando a festa dos Maios. Grazas a un programa de televisión, coñecen a Toxina, unha nena alérxica ao pole que vive nunha fraga onde festexa os Maios dun xeito un tanto particular...

Cantareiras

Icía Varela

Un percorrido polo legado da música e a poesía popular. A tradición das pandeireteiras. De Terra de Nemancos a Bergantiños e Cerceda. Da man da pandeireteira Icía do Manso e o especialista Xosé Manuel Varela...

As superviventes

Ramón Caride

Tres mulleres coinciden na sala de espera de urxencias do CHUS de Compostela unha madrugada calquera. Este imprevisto azar vai ter consecuencias impensadas en cada unha delas...

Ítaca

María Besteiros

Penélope é unha muller de corenta e cinco anos que vive co seu home, Ulises, e o seu fillo adolescente, Telémaco, no ano 2024. Forman unha familia convencional que un día recibe a inesperada noticia de que ela está embarazada...

O caderno de Roque

Carlos Taboada

A familia Charabiscas da aldea de Pedrafermosa agarda con impaciencia a chegada do tío Roque, que marchou a percorrer o mundo e que lles prometeu volver para celebrar unha festa polo seu trinta aniversario...

Canta, miña compañeira

María Lado

Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela son os nomes propios de seis das miles de cantareiras ou pandeireteiras que ao longo do tempo crearon e conservaron unha rica poesía popular oral, que foi transmitida de xeración en xeración...

Sei cantar e sei bailar

Eva Mejuto

Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, «Sei cantar e sei bailar» segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste álbum ilustrado compañaremos a musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar...

O enigma de Sempreviva

Andrea Maceiras

Senda múdase cos pais á pequena aldea de Sempreviva. O matrimonio de biólogos vai estudar a zona porque está tan contaminada que non medra nada en toda a contorna...