Número de libros encontrados: 1436
O tigre na boca do lagarto
Unha parella que se perde no medio da fraga e se reencontra, un eterno retorno entre a paixón erótica e o abismo, a vida que constrúe o desexo ou o desexo que organiza a vida, o azar e a súa tráxica e caprichosa vontade, as lóxicas do dominio e o control, da rebelión e a sabotaxe, o desafío material da realidade e as opresións do traballo, as normas do éxito e do fracaso, a loucura irrefreable do poder coas súas dinámicas absurdas e inaccesibles, e a ousadía de concibir a posibilidade de desconectalo...
Capitán Lentella 2. Unha nova chuvia de estrelas
Tras a aventura que viviron na Terra, os intrépidos exploradores espaciais Lalo e Rufino, acompañados agora tamén por Bicudo, continúan a viaxe polo Universo...
Todo o que doe
Levamos un tornasol de receo nos ollos e no corazón unha ferida aberta que non estiña nunca. Quizais porque fomos nenez nun cuarto cego para os afectos diferentes, quizais porque fomos voz amordazada por unha culpa salvaxe que nos era impropia, quizais porque non houbo espello de corpo enteiro no que mirarnos xuntas nin rúas que nos acollesen sen censurarnos...
Habitar as fendas
«Habitar as fendas» é unha reflexión sobre a vulnerabilidade propia á existencia humana. Interpela a quen le confrontándoo a unha violencia incómoda e ás distintas capas do sufrimento...
A soidade do inquisidor
Durante o último terzo do século XVI, chegaron á casa do Santo Oficio de Compostela rumores sobre prácticas pouco acordes coa doutrina católica no condado de Monterrei...
Os anos tranquilos
Cando María García nace, a comezos do século XX nunha aldea da montaña asturiana, as súas cartas semellan estar botadas. Todo parece indicar que o destino dela será medrar, vivir e morrer onde naceu...
Axencia Galega de Asuntos Máxicos
A vida pode cambiar nun só día. Que digo nun día! Nunha hora, nun minuto ou mesmo nun segundo. Iso é o que lle pasou a Gabriel e iso é o que che pode pasar a ti se te atreves a camiñar polas páxinas deste libro...
Teranga
«Vencerse é cousa de se tratar.» Este verso da escritora Xela Arias é o xermolo da historia dun grupo de rapazas que son quen de superar todos os atrancos que xorden na súa vida persoal e no instituto grazas á «Teranga» e á riqueza de compartir as palabras que nos definen nas distintas culturas...
Antoloxía do Rexurdimento (1853-1916)
O Rexurdimento representa un período brillante e inaugural da literatura galega. Esta «Antoloxía do Rexurdimento», preparada por Ramón Nicolás, sintetiza á perfección o espírito e as voces dese momento crucial...
Pel de cordeiro
Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas...
O xogo de Escher
Conectados ao gran computador central da compañía Escher, milleiros de seres humanos experimentan múltiples vidas, indistinguibles da vida real. Pero no xogo de Escher algúns xogadores conseguen chegar máis alá das aparencias...
Idol!
Vega e Ámbar son dúas adolescentes de 16 anos que deciden concursar en «Idol!», un «talent show» onde un grupo de rapazas probarán sorte para tentar convertérense en estrelas da música...
Os peidos máxicos de Sultán
Sil leva unha tempada algo triste: aínda non se adaptou ao cambio de cidade e estalle a custar facer novas amizades. Un día aparece diante da súa casa un can xigantesco, ao que lle pon de nome Sultán, e todo cambia por completo...