Logo Xerais

Ficha libro

Tempo de centeo

Xosé Fernández Ferreiro (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA

Xosé Fernández Ferreiro, que con tanto acerto narrou a traxedia dos paseos e dos fuxidos galegos, ofrécenos en Tempo de centeo outra magnífica novela sobre a posguerra. Transcorre naquel pequeno Ourense, clerical e clasista, dos anos corenta e cincuenta do pasado século cando todo eran atrancos e miserias para o pobo. O personaxe principal é un adolescente que emigra da aldea á cidade, onde se ve obrigado a traballar en diversos oficios para subsistir nun mundo hostil e represivo no que se sente alleo e desnortado. só un grande amor e a súa paixón polo cine lle dan pulo e o liberan para soportar o noxo de cada día.Tempo de centeo é unha historia amarga e realista, da que emerxen, coa forza das cousas prohibidas, todos os desexos humanos nun tempo escuro e desaventurado que trocou a vida de moitas xeracións.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (7 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.