Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Unha saca de patacas

Autor/a : Francisco Coimbra

Entre os garduños do lugar axiña comeza a correr o rumor dunha rica estranxeira, ao tempo que aparecen outros personaxes dispostos a protexer o tesouro da protagonista.

Partilla este libro

Sinopse

Unha muller galega desembarca no porto de Macau cunha saca chea de patacas. Vai visitar a súa sobriña e lévallas como agasallo de Galicia, pero o que ela descoñece é que a moeda de curso legal nesa rexión chinesa tamén recibe o nome de pataca. Entre os garduños do lugar, que viven de depenar turistas nos casinos macaenses, axiña comeza a correr o rumor dunha rica estranxeira, ao tempo que aparecen outros personaxes dispostos a protexer o tesouro da protagonista. A partir dese equívoco vaise urdindo unha narración chea de peripecias que nos leva por lugares de luxo, onde os cartos se desbalden a feixes, pero que tamén se achega á existencia silandeira dos subalternos, das persoas que viven á marxe de tales excesos. Nesta novela de Francisco Coimbra, a lingua galega, decididamente aberta á súa diversidade, gaña un papel central tanto na construción da voz narradora como no diálogo que os personaxes tecen co autor e coas lectoras e lectores, convidándonos a unha reflexión sobre as contradicións flagrantes do noso presente.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331514

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-364-0

  • Publicación

    06/07/2023

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    136

  • Tamaño

    23 x 15.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378385

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-372-5

  • Publicación

    06/07/2023

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Sobre a colección Narrativa