AnÃbal Otero
Lingüistica e polÃtica en España na Guerra Civil e no franquismo
Xesús Alonso Montero (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>BiografÃa
Premio Losada Diéguez (Investigación e Ensaio), 2012
Este libro é a biografÃa de AnÃbal Otero Ãlvarez (1911-1974), filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo. Tamén era un excelente e apaixonado coñecedor do romanceiro da tradición oral. Como fonetista foi, ademais dun pioneiro, un mestre.Pero o verán do 36 tronzou, en boa parte, a súa vida profesional cando o 5 de agosto, en Valença do Minho, foi detido, ilegalmente, pola PolicÃa portuguesa, que o entregou, abouxado e inerme, ás autoridades militares de Tui, que, sen lexitimidade polÃtica, asumiron unha detención ilegal, unha especie de secuestro. DÃas antes, AnÃbal Otero entrevistaba os "camponeses" do norte de Portugal como colaborador do Atlas LingüÃstico de la PenÃnsula Ibérica, el que, meses antes, investigara os cincuenta e tres puntos do mapa idiomático de Galicia. Logo vén o calvario dun infame proceso xudicial, a solicitude de pena de morte por parte do fiscal, unha longa condena e cinco anos de prisión en cinco cadeas distintas.Cando, nos anos cincuenta, AnÃbal Otero volve á actividade lingüÃstica, faino con dificultades, con limitación de medios cientÃficos e con moi poucos azos. AnÃbal Otero está dentro das coordenadas da lingüÃstica española nos anos da Guerra Civil e nos primeiros da posguerra, esquema no que tamén se moven os seus dous grandes mestres: Ramón Menéndez Pidal (nunha especie de exilio interior) e Tomás Navarro Tomás (no exilio exterior, ergueito sempre na belixerante dignidade de quen proclamaba que non "amnistiaba a Franco").