Contra a morte das linguas
O caso do galego
Miguel Moreira Barbeito (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>Lingua
Baixo o provocativo tÃtulo Contra a morte das linguas. O caso do galego preséntase unha perspectiva anovadora para a interpretación de dúas realidades interdependentes: a diminución da diversidade lingüÃstica, no nivel planetario, e a situación do galego, no nivel local. Este ensaio supón unha aproximación ecolóxica ao proceso de morte de linguas mediante o emprego dun modelo metodolóxico que vai do xeral ao particular, alén de facer fincapé en cuestións fundamentais como o concepto de dereito lingüÃstico ou os procesos de normalización. A pesar de este eido da sociolingüÃstica ser considerado tradicionalmente como pesimista, Miguel Moreira Barbeito enmarca a obra na liña do entusiasmo comprometido e de liberación. Trátase dunha proposta de análise en chave positiva que desbota as visións catastrofistas e que pretende, neste momento crÃtico, tirar proveito dos argumentos que sinalan unha alternativa de futuro para as linguas minorizadas nos innúmeros contextos de conflito lingüÃstico.