Sete Caveiras
Elena Gallego Abad (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
10ª Edición
Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida. Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é o único fÃo que parece unir este asasinato co do garda civil rescatado por un pesqueiro de Cangas. E cos cadáveres que, ao longo dos dÃas seguintes, irán aparecendo na rÃa de Vigo. Pero ninguén máis o sabe. Sobre a mesa de Marta Vilas comezan a amorearse os xoguetes de colección. Un click motorista roubado do peto dun motorista, un click garda civil atopado preto do corpo dun membro da benemérita, un click pirata esquecido no coche dun informático asasinado... Para a xornalista, apartada da sección de Sucesos por diferenzas co redactor xefe do seu diario, descubrir a identidade do criminal convértese nunha obsesión. AÃnda que nunca poderá contar todo o que sabe. Trepidante e por momentos divertida, Sete Caveiras fÃa unha serie de asasinatos en escenarios reais con sinalados acontecementos dos anos oitenta. Esta novela, tamén homenaxe da autora á profesión xornalÃstica, tece unha engaiolante trama de intriga con banda sonora da Movida.