Zapatillas rotas
Xabier Quiroga (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
6ª Edición - Premio da CrÃtica, 2014
O señor XaquÃn desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio de século, van espertar unha historia do pasado que semellaba durmida. AÃnda que a lectura de "Zapatillas rotas" por veces provoque o riso, mostra un perfil de tristeza, xa que esta é unha novela que fala de como somos e como procedemos, do que é esencial e, na maiorÃa dos casos, pasa desapercibido, do que é frÃvolo e, porén, ten éxito no noso tempo. "Zapatillas rotas" trata, ao cabo e sen ocultar o sarcasmo, dos valores desta sociedade en crise irreversible. Esta novela confÃrmao como un dos narradores galegos máis sólidos e de mellor acollida entre os lectores e lectoras do noso tempo.