Cuarto minguante
Bautista Ãlvarez (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
Ismael, o coxiño, o fillo da Rosaura da casa dos Boullosas, pasou aos catorce anos da escola de Andrade á de Santomé, onde aprendeu o manexo da tesoira e da agulla, habilidades propias do oficio de xastre. O enterro do seu avó, a quen lle preparou o primeiro traxe, foi o escaparate que lle permitiu comezar a contar con clientes na súa parroquia e despois tamén nas aldeas limÃtrofes. A cousa non empezaba mal. Porén, a división da herdanza familiar, obrigouno a coller outro camiño. O 5 de agosto de 1955, saÃu do porto de Vigo a bordo do transatlántico Santa MarÃa rumbo ao porto da Guaira de Caracas. Iniciaba asà Ismael o seu percorrido emigrante que o levarÃa despois a Brasil e Arxentina e, máis tarde, de regreso á outra beira do Atlántico, a aquela primeira SuÃza dos galegos.Nunha prosa gozosa e vibrante, labrada cunha lingua de inequÃvoca estirpe popular, e cunha presenza constante dun humor sutilmente retranqueiro, Bautista Ãlvarez reconstrúe nesta súa novela alboral os vieiros da emigración galega da segunda metade do século XX, unha epopea colectiva merecente de ser rescatada do esquecemento.