Ceiba de Luz
Manuel Lourenzo González (Autor/a)
INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2017
O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuÃña humana, de ouro macizo e fasquÃa precolombina, desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz. Un grupo heteroxéneo formado por dezaoito persoas e comandado pola profesora Sandra Olivares embárcase na aventura de chegar ao mÃtico Eldorado. Durante máis de dous meses atravesan a selva amazónica no Perú na procura das culturas taimahuara e arapanac, ata alcanzaren a antiga cidade de Haripari. A convivencia provocará liortas, intrigas e traizóns, pero tamén relacións de amizade, amorÃos e morte.En "Ceiba de Luz", Manuel Lourenzo González amosa a súa habelencia narrativa agasallándonos cunha novela de aventuras cargada de intriga onde as psicoloxÃas e as relacións dos personaxes, plasmadas nuns diálogos vivos, evolucionan no tan vizoso como abafante ambiente da selva amazónica. Como pano de fondo, a natureza virxe converxe coas culturas ancestrais para crearen un poder que se enfronta, desde o misterio, ao egoÃsmo e a superficialidade da sociedade en que vivimos.