A arte de trobar
Santiago Lopo (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
7ª Edición - Premio Xerais de Novela, 2017
No século XIII, unha "troupe" de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio polÃtico, cultural e lingüÃstico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lÃrica provenzal. Un códice oculto, a Inquisición, a herexÃa cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga."A arte de trobar" é unha novela luminosa, escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor. Configurada a partir de capÃtulos curtos, é capaz de integrar unha trama implacable coa tradición máis notable de versos en galego e occitano. Documentada con rigor, e dotada dun ritmo moi áxil, "A arte de trobar" constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, que se escribiu en folla de pergamiño e con pluma de ave, á beira do mar.