Logo Xerais

Ficha libro

Unha noite con Carla

Aníbal C. Malvar (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA

2ª Edición - Premio Xerais de Novela, 1995 - Premio Literario Arcebispo San Clemente, 1997

En palabras do autor con esta novela"pretendo facer unha reflexión sobre a reconstrucción dos feitos (verídicos ou imaxinados) en literatura e en xornalismo, así que partín dun caso posible de corrupción política para que un xornalista, Rodrigo Albán, nos contase a historia. El escribe un libro de encarga, un libro mercenario, sobre uns feitos acaecidos un ano antes e que remataron co suicido dun político de segunda fila no cárcere".A novela, enmarcada no xénero negro, anque con variantes estilísticas que rompen coa convención obxectivista da prosa habitual neste tipo de literatura, é unha meditación sobre a inocencia, narrada cun estilo duro e directo, por momentos mesmo desapainoxado e cruel, no que destaca a aparición do diálogo como un dos recursos máis adecuados para aproximar ó lector a actualidade viva da materia novelada. A todas luces, unha obra moi recomendable.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (1 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.