Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo
(AntoloxÃa: 1963-2016)
Xesús Alonso Montero (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>ALTERNATIVAS>PoesÃa
Neste libro de poemas, antoloxÃa da produción lÃrica de Xesús Alonso Montero desde 1963 ata 2016, o autor exerce de «fistor», de «vate popular», pero elevando a poesÃa bebedora das fontes do cancioneiro popular de tradición oral á condición de literatura culta. As súas composicións, de temática variada, como o propio tÃtulo indica, están escritas «desde a concepción que as clases subalternas teñen das cousas e da sociedade».Versos antifascistas, versos contra a corrupción, o capitalismo e a monarquÃa, versos sobre lingua e literatura, versos de amizade e agradecemento, versos de homenaxe a republicanos exemplares, loas ao viño, á música e á rexouba, cántigas e cantigas... Todo isto e moito máis atoparemos nesta agardada compilación dos poemas de Xesús Alonso Montero, fistor letrado que, cando o ve necesario, utiliza con mestrÃa o «alferrón cuestionador».