O canastro sen tornarratos
Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega
David RodrÃguez (Autor/a)
OBRAS DE REFERENCIA>ENSAIO
Este libro pescuda nas orixes polÃticas, económicas e filosóficas do cada vez maior afastamento dos centros de decisión a respecto da xente e da súa vida cotiá. Afonda na reflexión sobre a elitización dun capitalismo que retoma a súa faciana máis incompatible coa democracia. En «O canastro sen tornarratos» abórdase a dificultade para articular resistencias e hexemonÃas alternativas nun tempo en que a ideoloxÃa dominante conta cunha capacidade inédita de penetración en calquera recanto xeográfico, cultural e mesmo psicolóxico; ademais de na propia teorÃa e praxe do movemento emancipador. O «tornarratos» -a pedra horizontal que impedÃa ás alimañas accederen ao gran almacenado no canastro- proponse como metáfora dun tempo sen devasas polÃticas e culturais que mitiguen o espolio do mundo do traballo e da natureza. Neste ensaio, David RodrÃguez, lonxe de pensar o ser humano desde o cosmopolitismo abstracto, opta por unha ollada ampla e global, pero ben afincada nun lugar xeográfico e cultural concreto aÃnda chamado Galicia. En palabras do autor: «Trátase de delimitar o ermo en que nos atopamos, paso primeiro para que algún dÃa volva medrar a herba.»