Os dÃas felices de Benvido Seixas
Eduard Velasco (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
Premio Losada Diéguez, 2020 (Creación Literaria)
Bienvenido queda sen tabaco e acaba nun centro sociocultural contrario aos seus intereses de clase. Un home coma el nunca entrarÃa nun sitio coma ese, pero tampouco acabarÃa pasando a noite con Mariña, a camareira activista que lle serviu a primeira copa de moitas. Desenfreados pola paixón, durante un ano viaxarán por Galicia (das RÃas Baixas ao Courel), explorarán os lÃmites dos corpos e as fronteiras das súas conviccións e xogarán coas identidades ata transformárense en persoas insospeitadas nas súas vidas anteriores, para incomprensión e hilaridade do seu cÃrculo máis próximo. Pero quen non estarÃa disposto a traizoar a memoria familiar para seguir a chamada do desexo? "Os dÃas felices de Benvido Seixas" é unha novela retranqueira, irónica, divertidÃsima, que enreda cos tópicos da cultura galega para facer un brinde a favor do humor.