Logo Xerais

Ficha libro

Un peixe no parqué

Ramón Vilar Landeira (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA

Un peixe no parqué é un atlas de vidas en combustión, de faíscas acesas debaixo da borralla. A medio camiño entre a novela e o libro de relatos, Ramón Vilar Landeira ofrécenos unha narración ateigada de ironía e humor, que trata das parellas que os sábados cean sushi diante da televisión; das pintadas máis insidiosas no váter da facultade; da xente que guinda preservativos dende os seus autos; do olor a naftalina na entreperna; dos camións que veñen de fronte pola estrada comarcal; da funcionalidade das casas prefabricadas; das clases medias e de Le Monde diplomatique; e, sobre todo, dos flashes dos teléfonos móbiles.Un peixe no parqué é ficción cosida coa vida cotiá, que non esquece as contradicións, silencios e esgazamentos da condición humana; ficción na que resoan os ecos deses golpes que o paso do tempo dá no rostro e no corazón ao decatarnos de que todo cambia.

Descargas

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (11 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.