Un señor elegante
Suso de Toro (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
5ª Edición - Premio Follas Novas (Narrativa), 2021
A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. AtraÃdo polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruÃr a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a RosalÃa de Castro e MurguÃa e logo á familia Castelao ou a Dieste.Tras manexar materiais froito dun intensÃsimo traballo de documentación, Suso de Toro ofrécenos unha novela abraiante, que aglutina unha sÃntese persoal de novela rÃo, histórica, psicolóxica e novela de ideas. É unha narración que chega do século XIX e atravesa o século XX galego, español e europeo. Unha historia radicalmente local e ao tempo europea.Un señor elegante é, sobre todo, unha novela de investigación: a persecución dunha figura descoñecida que se vai manifestando ata apoderarse de todo o libro e descubrirnos un personaxe comprometido co seu tempo, coa xente e co paÃs. Alguén dunha enorme dimensión ética. A figura dese Baltar lémbranos, desde a penumbra, que ademais da aceptación da derrota e da pura supervivencia dos vencidos, tamén houbo resistencia e disidencia. Esta é unha memorable novela de non ficción que demostra que existiu unha outra Galicia vital, alegre e afirmativa, moi distinta da que nos contaron.