A raÃña galega
Xosé Durán (Autor/a)
INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
2ª Edición
NacÃn hai xa moitos séculos. Son a lingua galega, filla dunha poderosa raÃña e duns belicosos reis que moraban no noroeste da PenÃnsula Ibérica. Fun admirada en Europa e cortexada por reis, nobres e bispos. Os trobadores tanxÃan os seus instrumentos cantándome nos pazos e castelos, mentres os xograres alegraban as festas comigo. Mesmo os poetas de Castela, AndalucÃa e a Provenza devecÃan por min. Cos Irmandiños fun derrubar castelos de nobres opresores e coas xentes do común escorrentei os franceses ao que ousaron pisar Galicia. Pero cando me deixaron de escribir, só o alento do pobo conseguiu manterme viva. Agardo contigo, que me les, recuperar os esplendorosos momentos de gloria e vivir orgullosa outras mil primaveras máis.