PoesÃa galega completa
Celso Emilio Ferreiro (Autor/a)
Ramón Nicolás (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>XERAIS CLÃSICOS
PoesÃa galega completa reúne toda a obra poética en galego de Celso Emilio Ferreiro, reproducida dun xeito fiel nesta coidadosa edición a cargo do crÃtico Ramón Nicolás, desde os primeiros versos de Cartafol de poesÃa ata o seu derradeiro e póstumo Libro dos Homenaxes, pasando por poemarios clásicos da nosa literatura que reafirman os logros estéticos de Celso Emilio: O soño sulagado, Longa noite de pedra, Viaxe ao PaÃs dos Ananos ou Onde o mundo se chama Celanova. Esta edición enriquécese cun importante número de composicións inéditas que converten este volume nunha proposta actual para redescubrir a un poeta singular e irrepetible.