GuÃa das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia
Marisa Castro (Autor/a)
Antonio Prunell (Autor/a)
Jaime Bernardo Blanco Dios (Autor/a)
Jacobo Fernández Serrano (Ilustrador/a)
TURISMO / OCIO>MONTES E FONTES - GuÃas da natureza
Tanto para especialistas como para curiosos e afeccionados, a GuÃa das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia constitúe unha ferramenta utilÃsima. Os reputados autores desta guÃa (Marisa Castro, Antonio Prunell e Jaime B. Blanco-Dios) trazan un libro útil e doado de manexar que recolle tanto as árbores dos parques e xardÃns públicos de Galicia como as especies autóctonas e de repoboación. Cunhas magnÃficas e precisas ilustracións de Jacobo Fernández Serrano -que permiten o rápido recoñecemento das especies-, o libro fai un repaso ás xeneralidades botánicas e os diversos usos das especies, poñendo especial énfase nas árbores froiteiras, sempre relacionadas co territorio galego: a nomenclatura popular e cientÃfica, a clave de especies que permite identificar -sen usar conceptos botánicos complexos- a totalidade das especies citadas, a vexetación autóctona e as plantacións forestais, a silvicultura, as árbores froiteiras, os xardÃns en Galicia, etc. Ademais, o libro ofrece unha detallada descrición das especies -todas elas ilustradas-, de xeito claro, conciso e cun vocabulario rigoroso pero fácil de comprender, incluso polas persoas non expertas no tema.