Recén chegados

Tina e Xeró

Tina e Xeró

Tina e Xeró

Pedro P. Riobó

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

¡Sireno, Sireno !

Autor/a : An Alfaya
Ilustrador/a : Xulia Barros

Partindo da imaxe da escultura de Francisco Leiro situada na Porta do Sol de Vigo a autora crea un mundo de fantasía. "¡Sireno, Sireno!" é o relato, en primeira persoa, dun neno que acaba de sufri-la perda do pai por mor dun accidente de tráfico e non pode comunicarse coa nai, unha vendedora de enciclopedias, porque ela non é quen de saír do seu illamento.

Partilla este libro

Sinopse

Partindo da imaxe da escultura de Francisco Leiro situada na Porta do Sol de Vigo a autora crea un mundo de fantasía. "¡Sireno, Sireno!" é o relato, en primeira persoa, dun neno que acaba de sufri-la perda do pai por mor dun accidente de tráfico e non pode comunicarse coa nai, unha vendedora de enciclopedias, porque ela non é quen de saír do seu illamento. O neno refúxiase nun mundo onírico, no que o debuxo é a única vía de escape, pero só pinta en branco e negro porque vive nun mundo gris; nesa situación. A descuberta do Sireno, unha estatua deforme que se eleva nunha praza da súa cidade, esperta emocións intensas e contraditorias no seu interior. A partir de entón, sofre unha identificación fantasiosa que o axudará a camiñar na procura das cores. En palabras de An Alfaya, a autora, "o Sireno sérvelle ó protagonista de escusa para saír da escuridade na que quedou preso trala morte do pai e descubre nela a beleza do deforme como aposta persoal". Unha fermosa historia, merecedora do Premio Merlín de 1997, que é un reflexo dun alma infantil sensible. Unha historia escrita co corazón, que a autora recomenda lela tamén co corazón, que aposta por afondar nas vivencias e nos sentimentos.

  • Colección

    De 11 anos en diante

  • Código

    1343883

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-600-6

  • Publicación

    25/06/2007

  • Clasificación IBIC

    YFB

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    136

  • Tamaño

    19 x 13.5 cm

Libros de An Alfaya

Narrativa

Muros de aire

Muros de aire

De 11 anos en diante

O fío vermello

O fío vermello

De 9 anos en diante

O aroma do liquidámbar

O aroma do liquidámbar

Sobre a colección De 11 anos en diante