Hai unha Galicia visible e hai outra que non se ve inzada de reinos, cidades, vilas, illas, covas, camiños, montes e outros moitos lugares onde disque fan vida xentes anfibias e outros seres capaces de circular entrambos os mundos, o tanxible e o intanxible, o que vemos e o que temos que imaxinar.
Partilla este libro
Sinopse
Hai unha Galicia visible e hai outra que non se ve inzada de reinos, cidades, vilas, illas, covas, camiños, montes e outros moitos lugares onde disque fan vida xentes anfibias e outros seres capaces de circular entrambos os mundos, o tanxible e o intanxible, o que vemos e o que temos que imaxinar.
Neste libro, unha guía práctica para viaxar por un cento destes lugares, abrimos as galerías, franqueamos e iluminamos os pasos soterrados para chegar a eses mundos escuros, sepultados baixo a terra ou a area, navegamos polas canles que conducen aos lugares mergullados baixo as arrebatadas augas dun pozo ou dunha lagoa, do mar ou do ceo, a guiámosvos polos carreiros que agabean ou descenden ata os segredos do misterio. Unha guía que fai visible o invisible.
Colección
EDICIÓNS SINGULARES INFANTÍS
Código
1334033
I.S.B.N.
978-84-9914-162-6
Publicación
28/09/2010
Clasificación IBIC
YFH
Formato
Papel
Páxinas
104
Tamaño
26 x 24 cm
Autor
Antonio Reigosa
Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo 1958) é escritor, investigador e divulgador da nosa cultura popular. Cronista oficial de Mondoñedo. Traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo. Cofundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral. Tamén é coautor, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramiro Cuba, do "Dicionario dos Seres Míticos Galegos" (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo, é coautor dos volumes "Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega" (Xerais 2001), "Pequena mitoloxía de Galicia" (Xerais 2001), "Cando os animais falaban" (Xerais 2002), "Arrepíos e outros medos" (Xerais 2004) e "Antoloxía do conto galego de tradición oral" (2002). Xunto coa ilustradora Noemí López, publicou os álbums "Guía ilustrada da Galicia invisible" (Xerais 2010) e "Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal" (Xerais 2011). Como autor de literatura infantil publicou: "Memorias dun raposo" (Xerais 1998), novela, Premio Merlín; "Resalgario" (Xerais 2001), novela, Premio Raíña Lupa de literatura infantil 2000; "O galo avisado e o raposo trampulleiro" (Xerais 2003); "Bacoriño" (Xerais 2004); "O aprendiz de home do saco" (Xerais 2013) e "O raposo aviador que voa sen motor" (Xerais 2019). En 2014 preparou a edición de "Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías", e xunto con Antonio García Teijeiro publicou "Lendo lendas, digo versos" (Xerais, 2015), Premio Gala do Libro Galego 2016 (Iniciativa Bibliográfica) e Lista de Honra do IBBY, 2018.