Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)

Autor/a : Guillermo Cameselle Domínguez

Este libro recolle unha antoloxía do traballo fotoxornalístico realizado por Guillermo Cameselle no xornal "Faro de Vigo" de 1975 a 2005. Máis de oitocentas fotografías que constitúen una crónica social, política, cultural e deportiva da cidade de Vigo nun período tan decisivo como convulso.

Partilla este libro

Sinopse

Este libro recolle unha antoloxía do traballo fotoxornalístico realizado por Guillermo Cameselle no xornal "Faro de Vigo" de 1975 a 2005. Máis de oitocentas fotografías que constitúen una crónica social, política, cultural e deportiva da cidade de Vigo nun período tan decisivo como convulso. En palabras de Ceferino de Blas, prologuista do libro, "Cameselle foi fotógrafo de múltiples dimensións. Do mar vigués, que tanto amaba, da cidade e canto a definía, da industria, dos estaleiros, da actividade portuaria, da rica dinámica cultural. De grandes acontecementos, de prohomes e anónimos. Vigo, a cidade da que estaba encariñado, está impresa nestas páxinas polas catro bandas e por todas as súas costuras. Repasando o seu traballo apréciase o devir da urbe durante máis dun terzo de século. Fillo do tempo que lle tocou vivir, o nome de Cameselle está ligado a un ámbito tan periodístico como lacerante: a gran depresión da industria e as loitas laborais. Até o punto de que pode considerarse o fotógrafo de "Os luns ao sol", a película da reconversión industrial viguesa. As súas fotos resumen o devalar dos estaleiros e outras industrias punteiras e o esforzo dos traballadores para impedir o inevitable".

  • Colección

    Libros con xeito

  • Código

    1399085

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-578-5

  • Publicación

    19/11/2013

  • Clasificación IBIC

    AJB

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    440

  • Tamaño

    22 x 15 cm

Sobre a colección Libros con xeito