Número de libros encontrados: 21
Da calzada ao casco vello de Vigo
Sen saír do Vigo histórico, máis alá do que os vigueses chamamos «Casco Vello» tamén hai historia. Dende onde se ergueron as antigas murallas do século XVII e cara ao leste, onde se xuntaron as parroquias históricas de Santiago de Vigo e Santa María de Vigo, houbo moita actividade humana dende hai máis de dous mil anos...
Tac tac tac
"Tac Tac Tac" é o resultado excepcional dun proxecto excepcional. En 2017 Suso de Toro implicou oito escritoras e escritores para escribiren un texto en Númax cunha vella Olivetti, unha máquina de escribir en desuso que atesoura canda si o sabor de todo un tempo...
María Casares fronte ao espello
María Casares (1922-1996). Galega. Actriz. Un mito do cine francés. Neste libro, a tamén actriz galega Sabela Hermida aborda a figura e o legado de María Casares, realizando unha retrospectiva da súa biografía, da súa evolución artística e da súa concepción da arte dramática, influenciada en gran medida pola corrente existencialista francesa e pola experiencia do exilio...
Caderno de escrita divertida
Un caderno de escrita divertida pensado para os nenos e as nenas e os profes e as profas máis argalleiros Escribir é imaxinar. Imaxinar é divertido...
Deber de Baltar
Velaquí a saga dos Baltar coa presenza dos seus obxectos e mobles vividos, coa seducción dos seus retratos, co engado dos seus filmes familiares, coa memoria dos seus lugares amados...
Dicionario dos seres míticos galegos
O «Dicionario dos seres míticos galegos» é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ao tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida...
Marxes
"Marxes" traza un mapa afectivo con itinerarios por Vigo no que se rememoran, con textos, fotografías e ilustracións, as batallas do Vigo rebelde e solidario...
Elisa e Marcela
Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño dese ano...
Arquitecturas debuxadas.Compostela
Un fermoso e didáctico percorrido pola historia, as rúas e as arquitecturas máis notables de Compostela debuxadas polo arquitecto Santiago Catalán...
O puño e a letra
Este é o primeiro libro da tradición editorial galega que afronta a descuberta do xénero internacionalmente coñecido como Comic Poetry: o diálogo da poesía e a banda deseñada que en galego poderiamos traducir por «Cómic Poético»...
Camiñar o Vigo vello
De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, este libro propón un xogo diferente. É certo que, como as guías, vén cos seus planos, mapas e mesmo percorridos propostos...
Vigo metropolitano na Galicia céltica
Desapareceu o pobo celta? Esvaeuse a súa cultura milenaria? A verdade é que posiblemente ningún pobo tivo unha influencia tan profunda no transcurso da nosa historia...
Arquitecturas debuxadas. Lugo
O arquitecto Santiago Catalán ofrece neste libro un itinerario visual inédito sobre a cidade de Lugo. Arquitecturas debuxadas polo autor con asombrosa fidelidade a algúns dos espazos e das edificacións emblemáticas da cidade bimilenaria, como a catedral, a casa do Concello, a praza do campo e a muralla...
Mary Quintero
Este libro recolle os máis de sesenta anos de profesión de Mary Quintero, retratista dende os 15 anos. Ordenado en catro apartados, os tres primeiros (épocas do branco e negro, da cor e o dixital) recollen datos privados e técnicos, referencias a artigos periodísticos e anécdotas contadas pola propia fotógrafa...