Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan Freijedo

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Camiñar o Vigo vello

Autor/a : Pedro Feijoo

De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, este libro propón un xogo diferente. É certo que, como as guías, vén cos seus planos, mapas e mesmo percorridos propostos.

Partilla este libro

Sinopse

De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, este libro propón un xogo diferente. É certo que, como as guías, vén cos seus planos, mapas e mesmo percorridos propostos. E que, como os libros de historia, tamén conta cun amplo relatorio de anécdotas, memorias, imaxes de época e documentos -nalgúns casos inéditos a día de hoxe-. Pero en realidade este libro é outra cousa... É a carta dun namorado, o convite para saír a camiñar e redescubrir a cidade a través das rúas e prazas do seu barrio vello. A proposta de coñecer Vigo da man dun paseo que, sobre todo, se fai sen présa, devagar, deixando que os nosos pasos se perdan polo mar de anécdotas e historias que conforman a memoria da cidade. Porque, á fin e ao cabo, esa é a verdade: nada máis hai que saber onde observar con atención para descubrir que entre as luces e sombras da cidade vella aínda permanecen visibles os vestixios das moitas vidas que amalgamaron o Vigo vello. Eis a eterna vila mariñeira, si, pero tamén aqueloutra que os seus veciños defenderon a ferro e lume en máis dunha ocasión, e o Vigo industrial, e o metropolitano, e mais tamén o corsario. Esta é a proposta que se fai neste libro: saír a camiñar o Vigo vello, e coñecelo de primeira man, a través do seu paseo.

  • Colección

    Libros con xeito

  • Código

    1399090

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-326-0

  • Publicación

    08/03/2018

  • Clasificación IBIC

    WQH

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    184

  • Tamaño

    21 x 16.5 cm

Libros de Pedro Feijoo

Narrativa

Ninguén contará a verdade

Ninguén contará a verdade

Narrativa

Un lume azul

Un lume azul

Milmanda

Sen piedade

Sen piedade

Sobre a colección Libros con xeito