Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Dicionario dos seres míticos galegos

Autor/a : Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé Miranda
Ilustrador/a : Lázaro Enríquez

O «Dicionario dos seres míticos galegos» é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada na oralidade dos devanceiros, un libro de consulta práctico, útil e fermoso.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

O «Dicionario dos seres míticos galegos» é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ao tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes achegas ao patrimonio cultural galego nos últimos anos. Nas 710 entradas das que consta o «Dicionario dos seres míticos galegos» pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da estadea; fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña. O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a raíña Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voará con meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquias cos lobishomes; verá como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios; navegará no bergantín pantasma; andará os camiños coas ánimas da Compaña; tremerá na noite ao escoitar o paxaro da morte; enfrontarase co can negro, co lobo branco, coa peregrina, coa zarrulada, co urco e coa pastoriña; visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, pozos piagos e entradas do inferno, camiños ao alén e cabos do mundo; coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Mariamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco; lerá «O Ciprianillo» e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina.

  • Colección

    Libros con xeito

  • Código

    1399946

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-072-4

  • Publicación

    17/02/2022

  • Clasificación IBIC

    CBD

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    240

  • Tamaño

    27 x 21 cm

Libros de Xoán R. Cuba

Merliño

Remoldiño vai á feira

Remoldiño vai á feira

Merliño

O caracol Remoldiño

O caracol Remoldiño

Sobre a colección Libros con xeito