Recén chegados

Luísa Villalta. Alma de violino

Luísa Villalta. Alma de violino

Luísa Villalta. Alma de violino

Beatriz Maceda

Luísa Villalta. Melodía de palabras

Luísa Villalta. Melodía de palabras

Luísa Villalta. Melodía de palabras

María Canosa

A nena do abrigo de astracán

Autor/a : Xabier P. DoCampo

A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante.

Material complementario

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante. Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; Engracia, Xaquina ou Paulina, mulleres afoutas que se queren donas da súa propia vida... son algúns dos personaxes centrais desta novela de vidas esquecidas. Mais no medio de todos eles, emerxe Susana, a nena que observa e sofre a realidade que lle irá abrindo os ollos nunha perda dramática da inocencia infantil. As sesións no cinema de Ribadaínsua serán camiño de coñecemento do mundo real que se lle oculta. Ten o cinema pola cousa máis fermosa e importante da súa vida, o que lle di como é o mundo de verdade, o que está alén de Ribadaínsua. Novela de longo alento, traballada ao longo de máis de quince anos, A nena do abrigo de astracán reflicte un mundo que, aparentemente afastado, dá explicación de como todo se constrúe e controla desde a toma do poder e o dominio do territorio onde se exerce. Obra memorable e conmovedora, sitúa ao seu autor como un dos clásicos contemporáneos da nosa narrativa.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331417

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-286-7

  • Publicación

    09/11/2017

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    400

  • Tamaño

    22 x 15 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378267

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-287-4

  • Publicación

    09/11/2017

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Libros de Xabier P. DoCampo

CAMALEÓN

Contos de obxectos

Contos de obxectos

De 13 anos en diante

Catro cartas

Catro cartas

FÓRA DE XOGO

A chave das noces

A chave das noces

Sobre a colección Narrativa