«A rede branca» é a crónica dunha tormenta perfecta que comeza cunha detención e remata de xeito imprevisíbel. Unha obra escrita cunha prosa tan directa e contundente como unha puñada nos beizos. Finalista do XL Premio Xerais de Novela.
Partilla este libro
Sinopse
Ambientada na cidade portuaria de Úrvida (que se pode identificar con Vigo), «A rede branca» é unha trepidante novela negra cunha estrutura coral formada por catorce personaxes protagonistas que van entrelazando as súas historias para debuxar un regueiro de cocaína que, como nunha carreira de remudas, circula desde restaurantes de luxo até patios de prisión.
Un narcotraficante intenta converterse nun honorábel empresario mediante un pelotazo urbanístico, mais o arresto casual do esbirro que agocha o seu último alixo ameaza con botar todo a perder. Avogados, hostaleiros, policías, políticos, presidiarios, camareiros, asesores e xornalistas participan da trama criminal ou serven de nexo e escusa para trazar este vibrante fresco urbano.
Con esta obra, finalista da XL edición do Premio Xerais de Novela, Paco Morgan estréase como autor utilizando os códigos do xénero para trazar a inquietante radiografía dunha sociedade dominada pola cobiza e o individualismo.
«A rede branca» é a crónica dunha tormenta perfecta que comeza cunha detención e remata de xeito imprevisíbel. Unha obra escrita cunha prosa tan directa e contundente como unha puñada nos beizos.
Colección
Narrativa
Código
1331524
I.S.B.N.
978-84-1110-499-9
Publicación
07/03/2024
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
160
Tamaño
23 x 15.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378398
I.S.B.N.
978-84-1110-505-7
Publicación
07/03/2024
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor/a
Paco Morgan
Paco Morgan (Madrid, 1969), residente en Vigo, é licenciado en Xeografía, Arte e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi funcionario do Estado ata a súa xubilación e na actualidade traballa como profesor voluntario na Cruz Vermella. «A rede branca» (Xerais, 2024) é a súa primeira obra publicada.