Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

A velocidade do frío

Autor/a : Manuel Seixas

A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximación como doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai provocar indiferencia, porque as súas voces, as voces que se van facendo cargo do relato ó longo das 296 páxinas, sexan as dos protagonistas principais en forma de monólogo interior, ou sexa a do narrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela- resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frío.

Partilla este libro

Sinopse

A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximación como doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai provocar indiferencia, porque as súas voces, as voces que se van facendo cargo do relato ó longo das 296 páxinas, sexan as dos protagonistas principais en forma de monólogo interior, ou sexa a do narrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela- resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frío. Esta novela foi escrita sen filtros formais, de xeito que o seu autor aborda unha historia singular, especialmente orixinal, sen preocuparse de cometer excesos nas recorrencias expresivas, procurando o cerne das accións e reflexións dos seus personaxes mesmo a expensas de calquera estilo previsible ou supostamente correcto e decoroso. Aquí vaise ó directo sen miramentos. Aquí nárrase unha historia, que impregna a mente do lector con imaxes ben definidas, aínda que, por suposto, abertas á recreación personalizada. En A velocidade do frío hai moito instinto criminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os seres humanos viven na frustración, atrapados polas turbias consecuencias do seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. Os únicos que non sofren por darlle satisfacción ó seu instinto asasino -maquinal- son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotados dunha vontade allea a toda moral. Pero quizais os coches, inimigos dos seres humanos, non sexan outra cousa que a expresión dun estilo de vida baseado no consumo, na supervivencia individual egoísta e insolidaria, na crúa oposición de intereses materiais, no culto ás aparencias e na falta total de sentimentos.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331130

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-068-5

  • Publicación

    30/12/1996

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    296

  • Tamaño

    21 x 13 cm

Sobre a colección Narrativa