As baleas de Eduardo Reinoso
"Habería que dicir dela, en primeiro lugar, algo no que todos os membros do xurado que a premiaron se manifestaron concordes: é divertida, lese nun arrauto, non permite que o lector se despegue.
"Habería que dicir dela, en primeiro lugar, algo no que todos os membros do xurado que a premiaron se manifestaron concordes: é divertida, lese nun arrauto, non permite que o lector se despegue.
"Habería que dicir dela, en primeiro lugar, algo no que todos os membros do xurado que a premiaron se manifestaron concordes: é divertida, lese nun arrauto, non permite que o lector se despegue. E un ichó, no que ficamos entrampados; un illó no que nos envisgamos. Pola súa visualidade, polo ben que pinta unha película na que non se pode durmir." O propio autor califica a súa novela como realismo esperpéntico, ou realismo exaserado con elementos surrealistas. É unha historia tráxica dun home solitario, soñador, quizais romántico, que fracasa, na que se mesturan notas de humor. Eduardo Reinoso é unha persoa vulgar, con pouca cofianza nas súas propias forzas, que ten un pasado gris e que un bo día comenza a soñar con baleas e cachalotes que lle van dicindo o que ten que facer para triunfar. Na novela desfilan unha galería de personaxes, onde non faltan contrabandistas de cocaína, curas, armadores, políticos e unha muller de pel verdosa, Saritiña, da que Eduardo Reinoso acaba namorandose. O lector ten nas mans, pois, unha nova aposta. Igual que con "Crime en Compostela" de Carlos Reigosa inauguramos practicamente o xénero policiaco nas nosas letras, a novela de Alvarez Cáccamo ensaia un novo territorio: o humor, as veces tamén a gargallada. Pero cunha decidida vocación de estilo.
Colección
Narrativa
Código
1331059
I.S.B.N.
978-84-7507-521-1
Publicación
15/12/1990
Clasificación IBIC
Formato
Papel
Páxinas
160
Tamaño
21 x 13 cm