Recén chegados

Luísa Villalta. Alma de violino

Luísa Villalta. Alma de violino

Luísa Villalta. Alma de violino

Beatriz Maceda

Luísa Villalta. Melodía de palabras

Luísa Villalta. Melodía de palabras

Luísa Villalta. Melodía de palabras

María Canosa

Atuado na braña

Autor/a : Xabier Quiroga

Atuado na braña relata a teima de Luís Salgueiro Pardo, un empresario da construcción acomodado e triunfador na procura do seu pasado. Un segredo familiar, revelado pola súa nai, convértese na chispa que provoca a busca das súas raíces e a verdadeira identidade da súa familia biolóxica.

Material complementario

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Atuado na braña relata a teima de Luís Salgueiro Pardo, un empresario da construcción acomodado e triunfador na procura do seu pasado. Un segredo familiar, revelado pola súa nai, convértese na chispa que provoca a busca das súas raíces e a verdadeira identidade da súa familia biolóxica. Luis Salgueiro deixará o temón da súa empresa en mans de persoas da súa confianza e acometerá unha viaxe apaixonada cara ás súas orixes agachadas na Casona do Saviñao e na braña lamacenta de Bouzuás, onde se ocultan, dende hai anos, a Meiga e dúas rapaciñas novas. Unha viaxe na que Luis Salgueiro poñerá en risco a súa propia vida e suporá reavivar unha ferida que, despois de corenta anos, aínda segue aberta. A represión militar dos anos da posguerra (cando a garda civil perseguía aos últimos guerrilleiros), os receos da xente da aldea, a crueldade dunha implacábel e feroz persecución que non rematou e unha vida que, paseniñamente, se vai esfarelando, levarán, nunha narración cargada de intriga, á descuberta duns froitos que só a porfía dun home capaz de enfrontarse aos demais e á natureza pode acadar. O eixo desta novela extensa e ambiciosa, escrita nunha prosa fermosísima e engaiolante, reside na necesidade que sente o protagonista, ese antiheroe vividor e elitista, de acometer unha descuberta profunda sobre quen é, sobre o que sente, sobre a necesidade de enfrontarse o que non sabe de si mesmo, anque poida sucumbir e perder todo aquilo que posúe. Novela longa á vella usanza, impregnada de intriga sabiamente dosificada, que non se resolve ata a última das súas 628 páxinas, aborda outros temas de actualidade: a corrupción política e empresarial, os modelos de uso do idioma, as relacións interpersoais de amizade e de parella, o pensamento mítico, ou as formas de vida tradicionais no mundo rural galego. Atuado na braña é unha historia do presente que, coa mestría dunha trama inzada de paixóns, odios, obsesións e desencontros, remexe no pasado para encarar a procura da identidade.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331173

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-770-7

  • Publicación

    20/03/2002

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    632

  • Tamaño

    21.5 x 15 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378140

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-596-9

  • Publicación

    22/10/2013

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Libros de Xabier Quiroga

Narrativa

Coa man esquerda

Coa man esquerda

Narrativa

O baile dos estorniños

O baile dos estorniños

Narrativa

Izan o da saca

Izan o da saca

Sobre a colección Narrativa