Dragona
Na narrativa galega actual, Xavier Queipo é un dos autores que máis gravitan sobre o eixo Investigación + Desenvolvemento + Innovación Literaria. En Dragona, preséntanos unha "novela de personaxes".
Na narrativa galega actual, Xavier Queipo é un dos autores que máis gravitan sobre o eixo Investigación + Desenvolvemento + Innovación Literaria. En Dragona, preséntanos unha "novela de personaxes".
Na narrativa galega actual, Xavier Queipo é un dos autores que máis gravitan sobre o eixo Investigación + Desenvolvemento + Innovación Literaria. En Dragona, preséntanos unha "novela de personaxes". Nunha cidade sumidoiro, cualificada polo autor como "A cidade do esteiro", desenvólvese a vida dunha serie de personaxes atípicas chegadas dos catro cantos do mundo, que transitan entre a desesperación e a lubricidade, entre o comportamento fútil e as paixóns máis primarias. Dragona é unha novela con banda sonora e recreación no terreo se cada máis inexplorado da narrativa galega, aquel que analiza con precisión de cirurxián os sentimentos e as paixóns coma se fosen tecidos dun corpo único. Esta novela marca, para o autor, un antes e un despois na súa procura constante, na procura do que non se ve, deses lindeiros da incerteza, o que Cortázar chamaba "o outro lado". Dragona é unha parábola do futuro que nos espera, que está aí, que xa chega.
Colección
Narrativa
Código
1331236
I.S.B.N.
978-84-9782-490-3
Publicación
05/02/2007
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
304
Tamaño
22 x 14.6 cm