Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan Freijedo

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Fálame sempre

Autor/a : Cid Cabido

"Fálame sempre" é o libro dun escritor con moito oficio e, a ninguén se lle oculta, unha das voces máis singulares da nosa literatura. O particular universo-mundo de Cid Cabido está aquí, discorrendo polos limpos carreiros do humor.

Partilla este libro

Sinopse

"Fálame sempre" é o libro dun escritor con moito oficio e, a ninguén se lle oculta, unha das voces máis singulares da nosa literatura. O particular universo-mundo de Cid Cabido está aquí, discorrendo polos limpos carreiros do humor. Mais non só hai humor nesta obra de Cid Cabido: o autor sitúa os personaxes na corda frouxa, obrigándoos a tomar partido. Eis o relato «Outra vida cotiá», onde o protagonista se enfronta á tesitura de baixar polo pan e non volver á casa. Mais nada é o que parece. Aquí o equívoco ten visos dramáticos. Nos dezasete relatos restantes veremos desfilar personaxes variopintos, como o inquilino do conto «O estraño caso de Cándido Costas Tobío», que arrinca nunha marcha pola supresión da peaxe de Rande, nun espazo aberto, e remata nunha lóbrega estancia. Logo aparecen os que fan casas con solainas á altura do tellado, e as mozas dunha chea de fulanos, o boom dos móbiles, os que están profundamente namoriscados, ou os que loitan contra as multinacionais coa única arma que teñen á man, a retranca, a mesma ironía de que se vale o autor ó longo de todo o libro. E mais tamén a neurose proxectada sobre unha poliña de castiñeiro, o medo ós que non son coma nós, a vinganza do neno -en quen todos nos recoñecemos- contra o mestre infame... E claro, séntese a presenza de Calvino e Melville, e Cunqueiro e Monterroso, e tamén os Cohen e Woody Allen, e a reflexión sobre a existencia, a literatura, a soidade, o amor e a morte... A vida, en definitiva.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331198

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-073-8

  • Publicación

    18/11/2003

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    152

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

Libros de Cid Cabido

Narrativa

Tres pintores

Tres pintores

Narrativa

Blúmsdei

Blúmsdei

Sobre a colección Narrativa