Recén chegados

Tina e Xeró

Tina e Xeró

Tina e Xeró

Pedro P. Riobó

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Festina lente

Autor/a : Marcos Calveiro

Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rúa da Armada dende que era un aprendiz canda o seu mestre.

Partilla este libro

Sinopse

Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rúa da Armada dende que era un aprendiz canda o seu mestre. As campás, tristeiras, repenican a defunto, o vento zoa nas rúas e esparexe o capítulos todos da súa existencia. As páxinas de pergamiño, como faíscas, danzan sobre os tellados e os campanarios furtando á voraz desmemoria as lembranzas fuxidías, os acenos, mecos e rostros dunha vida. O coñecemento, como a pedra gravada polos arxinas a cicel e maceta dende a noite dos tempos, permanece no alento dunha idade incerta asolagada polo silandeiro andazo da intolerancia. Festina lente é a primeira novela para público adulto de Marcos S. Calveiro, unha das maiores descubertas da narrativa galega recente. Novela histórica, ambientada na Compostela do século dezasete, escrita con enorme alento e prosa inusualmente depurada, propón ao lector unha intrigante viaxe polo mundo dos libros e o coñecemento nun tempo de intolerancia.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331254

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-786-7

  • Publicación

    23/05/2008

  • Clasificación IBIC

    FV

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    288

  • Tamaño

    22 x 15 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378147

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-606-5

  • Publicación

    20/11/2013

  • Clasificación IBIC

    FV

  • Formato

    ePub

Libros de Marcos Calveiro

FÓRA DE XOGO

Todos fomos

Todos fomos

De 8 anos en diante

Unha casiña branca

Unha casiña branca

FÓRA DE XOGO

As palabras poden matar

As palabras poden matar

Sobre a colección Narrativa