
Gran tiburón branco
Gran tiburón branco contén cinco historias diferentes que comparten un mesmo clima de violencia, de vergoña e de cansazo, e tamén o feito de estaren narradas en primeira persoa por seres que moran á beira dun terraplén, da fronteira entre o coñecido e o que vén despois do coñecido: unha muller que engana o seu home catedrático cun guía turístico; un empregado do matadoiro que sospeita que o seu veciño pode ser xudeu; unha escritora posmoderna que descobre en México a existencia do mundo real; un músico fracasado que de pura deixadez desencadea a involución da especie; un tipo que narra a súa adolescencia sureña na que nunca pasaba nada e o pouco que pasaba non significaba nada en particular.