Recén chegados

Tina e Xeró

Tina e Xeró

Tina e Xeró

Pedro P. Riobó

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Home sen nome

Autor/a : Suso de Toro

Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompaña durante dous días a un vello terminal, só, entubado e consumido fisicamente. O vello, un home sen nome, un enigma invadido polas lembranzas, entre o delirio e o soño provocados pola medicación, enunciará o monólogo da súa arrepiante biografía centenaria.

Partilla este libro

Sinopse

Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompaña durante dous días a un vello terminal, só, entubado e consumido fisicamente. O vello, un home sen nome, un enigma invadido polas lembranzas, entre o delirio e o soño provocados pola medicación, enunciará o monólogo da súa arrepiante biografía centenaria. Unha vida desacougante, condicionada pola perda prematura da nai, a presenza da sombra do seu irmán xemelgo, o seu paso polo Berlín onde emerxía o nazismo co que axiña simpatizou, o seu protagonismo nas sacas da feroz represión do 36 en Compostela ou a súa participación como voluntario na División Azul. A visita de Celia, unha xove guionista, obrigará ao vello sen nome a confesar lucidamente, sen rastro de arrepentimento nin remorso, a súa participación en múltiples fusilamentos, torturas e violacións e as súas razóns para facelos...Empregando formas achegadas ao drama, Suso de Toro ofrece a súa obra literaria máis ambiciosa: un relato de ficción intenso e emotivo onde pairan como teón de fondo os acontecementos da represión en Galicia durante os días do alzamento e os anos da posguerra. Unha reflexión perturbadora sobre a memoria que deita a mirada dun dos verdugos. Unha novela que procura as palabras necesarias que expresen e absolvan tanta dor afogada.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331225

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-447-7

  • Publicación

    04/05/2006

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    400

  • Tamaño

    22.1 x 14.7 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378159

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-643-0

  • Publicación

    28/01/2014

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Libros de Suso de Toro

CAMALEÓN

O segredo de Joseph Haydn

O segredo de Joseph Haydn

FÓRA DE XOGO

A sombra cazadora

A sombra cazadora

ALTERNATIVAS

Descubrindo Ana Pontón

Descubrindo Ana Pontón

Sobre a colección Narrativa